|
AMARANTE E VERDEGAIA PRESENTA A
INICIATIVA
COMPRA PÚBLICA RESPONSABLE ESIXINDO RESPONSABILIDADE SOCIAL, ÉTICA E AMBIENTAL NO USO DOS RECURSOS PÚBLICOS
DIANTE DA CRISE.
As
administracións públicas son responsables do 16% das compras de bens e
servizos en Galicia polo
que
desde os colectivos sociais AMARANTE e VERDEGAIA pedirase o compromiso
político dos concellos galegos máis importantes así como do parlamento
galego para facer un bo uso dos recursos públicos en tempos de crise.
AMARANTE e VERDEGAIA demandamos un consumo responsable tamén na
administración pública galega. Por iso presentamos a campaña para a
incorporación da Compra Pública Responsable en tódolos organismos públicos
dende a Xunta, Deputacións e concellos na que velen e se apliquen criterios
éticos, sociais e medioambientais na política de contratación especialmente
de bens e servizos.
Máis..
A
REDE ANTICAPITALISTA
PREPARA MOBILIZACIÓNS CONTRA O CUMIO DO G-8 E EN APOIO
AOS SECTORES MÁIS VULNERABLES POLA CRISE.
Tras
un perido de asentamento organizativo a RA comenza a sair á rúa. Primeiro
apoiando aos sectores máis vulnerables pola crise. Así o 17 de xuño a RA
apoiará por medio dunha tractorada virtual aos labregos e labragas e ao SLG
na defensa do sector lacteo. O sábado 27 de xuño sumarase á mobilización en
contra dos recortes dos dereitos dos inmigrantes organizada polo Foro da
Inmigración. E o 9 de xullo, coincidindo co cumio do G-8 a Ra saira á rúa
das principais cidades de Galcia para protestas contra o proceso de
refundación capitalista orientado a mellorar os beneficios e recortar os
dereitos ás persoas.
Consulta
o manifesto da RA aquí.
Máis..
ESIXIMOS A POSTA EN LIBERDADE DE DOUS ACTIVISTAS DO MST DETIDOS E TORTURADOS
NO ESTADO DE PARAÍBA.
A
principios de maio, tras unha ocupación por máis de 60 familias dunha area
recoñecida polo goberno federal como de interes social para a reforma
agraria no estado de Paraíba. Sete membros do MST foron detidos e
torturados. Na actualidade dous seguen a estar na cadea. Amarante sumase á
campaña internacional para poñer en liberdade aos detidos e aclarar os
feitos
que considera un ataque
aos dereitos humanos e esixe sexan xuzgados os responsables.
Máis...
A
X EDICIÓN DA SEMANA GALEGA DE COMERCIO XUSTO CENTRASE NO CAMBIO
CLIMATICO NUN CONTEXTO DE CRISE SISTEMICA.
AMARANTE, xunto con VERDEGAIA e o SINDICATO
LABREGO GALEGO, desenvolvera
entre o 20 e o 26 de abril a Semana Galega de Comercio Xusto adicada este
ano ao Cambio Climático. No marco desta semana celebrarase o seminario
titulado CONSUMO RESPONSABLE E CAMBIO CLIMÁTICO no que contaremos en
Galicia coa presencia de membros de Greenpeace, Veterinarios sen Fronteiras,
Ecologistas en Acción, Universidade Rural Paulo Freire, Centro de
Investigación sobre Consumo (CRIC-Revista Opcións) ou Via Campesina que analizarán
a problemática do cambio climático e trazarán as liñas estratéxicas
para sair das múltiples crises no que está inmerso o modelo de produción
e consumo capitalistas. Dentro das iniciativas da SGCX está a xira da
dirixente africana de Via campesina Mariam Sissoko por diferentes
localidades de Galicia . Programa
e inscrición ao seminario aquí. Máis..
A
DECIMA EDICIÓN DO XANELA ABERTA AO SUR ACHEGARA Á REALIDADE DE BRASIL,
ECUADOR E MARROCOS.
Unha
nova edición do ciclo de educación xanela aberta ao Sur iniciase a partir de
marzo co obxectivo de seguir achendo a realidade do Sur e formando nunha
solidariedade crítica e transformadora. As persoas interesadas en participar
nesta edición terán ata o 13 de marzo para formalizar a súa inscrición. Coma
a edición pasada os participantes poderán compartir outras formas de vivir e
de loitar con comunidades de Brasil, Ecuador e Marrocos.
Aquí.
|